miércoles, 17 de abril de 2013

Quenes somos?

Somos alumnas de 2º da ESO do CPI Laureano Prieto.
María Blanco Oliveira
Anabel Hermida Costa
Claudia Pereira Neves

Introdución


  Fixemos un estudo dos micromamíferos da zona de Riocereixa (concello de Pedrafita do Cebreiro, Lugo), estudando as egagrópilas da curuxa. Eliximos a curuxa porque é a ave cuxas egagrópilas poden conter  restos de máis especies e mellor conservados.
    As curuxas son aves rapaces nocturnas que poden devorar tres ou catro roedores ou musgaños nunha noite, inxerindo gran cantidade de ósos e pelos. Estes materiais quedan comprimidos na moella da ave, e logo bótaas fóra pola boca en forma de pelotas redondas ou cilíndricas denominadas egagrópilas. Frecuentemente produce dúas ao día.
   As egagrópilas de curuxa recén eliminadas son fáciles de identificar porque están revestidas dunha costra lisa negra. Estas son redondas; cun diámetro de 2,5 cm ou máis, e lonxitude de ata 5 cm.
   Imos coñecer agora os micromamíferos dos arredores de Riocereixa pola presenza dos seus cranios nas egagrópilas.

Obxectivos


·      Identificar a presenza das especies micromamíferos en Riocereixa.
·      Determinar a abundancia relativa das especies atopadas de micromamíferos.
·     Saber se existen diferenzas na alimentación das curuxas que viven na rocha cálcarea das que viven na cova cuarcítica.

Material

Usamos 21 egagrópilas de curuxa, lupa, pinzas e claves de cranios de micromamíferos .

Método


            Primeiro a nosa profesora de Ciencias Naturais colleu as mostras en dúas covas de Riocereixa (concello de Pedrafita do Cebreiro, Lugo): unha de orixe calcárea e outra cuarcítica. A separación entre elas é de 1 km aproximadamente.
No laboratorio do noso centro, o CPI Laureano Prieto (A Gudiña)  buscamos nesas egagrópilas os cranios dos animais que comeron as curuxas deses dous lugares.
            Recurrimos a unha lupa para ver os dentes dos cranios xa limpos, e identificar a especie á que corresponden. Para sabelo utilizamos unha clave dicotómica de micromamíferos recollida no anexo.
            Nun principio, o traballo de identificación dos cranios fixémolo no laboratorio do colexio, pero xa cando dominamos a técnica, fixémolo na casa.
            Os datos obtidos foron analizados co programa informático Microsoft Excell 2007.

Resultados e discusión


Ao rematar de identificar todos os cranios , calculamos o número de roedores e musgaños de cada tipo e as súas porcentaxes respecto ó total.
            O primeiro resultado a destacar é que na cova cálcarea atopáronse 6 especies distintas mentres que na cova cuarcítica 4. As especies presentes nas dúas covas resúmense na seguinte táboa.




Calcárea
Cuarcita
Rato de campo
Presente
Presente
Corta común
Presente
Presente
Corta dos prados
Presente
Presente
Musgaño común
Presente
Ausente
Musgaño de Cabrera
Presente
Presente
Musgaño colicadrada
Presente
Ausente

Taboa 1. Resumo das especies de micromamíferos presentes nos dous tipos de covas
 

            Polo tanto existe maior biodiversidade de micromamíferos na cova calcárea que na de rocha de cuarcita. Cremos que esta diferenza se deba a riqueza de flora característica das zonas calcáreas que leve a que exista máis recursos para os micromamíferos e por tanto máis biodiversidade.
            Por outra banda, comparando as especies máis abundantes nos dous casos (ver gráficas 1 e 2), destacan o rato de campo (Apodemus sylvaticus) e a corta común (Microtus duodecimcostatus). Porén, na cova calcárea abunda o rato de campo por riba da corta común, sendo o contrario na cova de cuarcita.
            Na última gráfica amósanse as porcentaxes totais destas especies (sumando os individuos atopados en ámbalas dúas covas). Non hai existe moitas diferenzas na abundancia do rato de campo (39%) fronte á corta común (36 %).
Abundancia de individuos das distintas especies de micromamíferos en porcentaxe, na cova calcárea
Abundancia de individuos das distintas especies de micromamíferos en porcentaxe, na cova de cuarcita.
Abundancia de individuos das distintas especies de micromamíferos en porcentaxe.


Conclusións


·Detectáronse un total de 6 especies de roedores e de musgaños, repartidos do seguinte xeito: 1 especie de rato, 2 especies de cortas e de musgaños 3.
· As especies máis abundantes son o rato de campo (Apodemus sylvaticus) e a corta común (Microtus duodecimcostatus).
· Existen diferenzas entre os dous tipos de hábitats no que viven estas dúas curuxas, xa que na cova calcárea existen dúas especies de musgaño (musgaño común e colicadrada) que non se atopan na cova cuarcítica.

Agradecementos


A Fundación Barrié polo seu apoio ao proxecto “Intercambiando Ciencia e Cultura e compartindo horas de lecer”.

Bibliografía



- Chinery, M. (1979), Guía práctica ilustrada para los amantes de la Naturaleza. Ed. Blume. Barcelona.
- Guitián Rivera, J.; Munilla Rumbao, I.; González Pousa, M.; Arias Paz, M. (2004), Guía de las aves de O Caurel. Lynx Edicions. Belaterra.
- Purroy, F.J.; varela, J.M. (2003), Guía de los mamíferos de España.  Lynx Edicions. Belaterra.